nekerafa

joined 2 years ago
MODERATOR OF
 

Coma que xa pasou dous anos dende que levo administrando o servidor de mastodon e un dende este lemmy e a web fediverso.gal

Pff, como pasa o tempo. E todo o que tivemos que aguantar nestes dous anos!

Pero bueno, espero que sigamos a tope nos vindeiros anos, creando novas instancias do fediverso en galego (bueno carallo, necesito unhas vacacións da vida para poñerme co traballo atrasado).

En fin, felicidades a todes no fediverso, que este é o voso cumple, sobre todo!

 

Bo día xente! Aquí tedes o resumo no mes de setembro do fediverso.gal.


Sobre mastodon.gal, dicir que este setembro houbo 8 usuarias novas. Actualmente temos unhas 385 usuarias activas e sobre 19.110 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control a día de hoxe:

Resumo dos datos anteriores mostrados con respecto ao días

E aquí un gráfico resumo dos usuarios novos, se pinchades na imaxe podedes ver o gráfico interactivo.

Usuarios novos no mes de setembro de 2023


Con respeto ao padroado, este mes tivemos 11 persoas que contribuiron totalmente con 17,56 € de doazóns (21,75 € menos impostos e comisións polos servizos). Temos 3 persoas doadoras por Liberapay e as restantes fanno polo noso Ko-fi. A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:

Doazóns por día no mes de setembro de 2023

Cantidade doada por día no mes de setembro de 2023


Agora, con respecto aos custes, istos son os desgloses do mes de agosto:

DigitalClouding (Plataforma de servizos):

  • Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,63 €
  • Cosumo extra (50,97GB a maiores): 12,68 €
  • Total (+ IVA): 6,95 €

Brevo (antiguamente SendInBlue):

  • Envío de mensaxes electrónicos: 13,34 €

Con respecto a xestión e moderación, facemos un resumo:

  • Actualizamos o servidor de mastodon á version 4.2.0.
  • Resolvemos dúas denuncias de mastodon.

Saudiños e ata a próxima.

2
submitted 1 year ago* (last edited 1 year ago) by nekerafa@foros.fediverso.gal to c/xestion@foros.fediverso.gal
 

Bo día xente! Aquí tedes o resumo no mes de agosto do fediverso.gal.


Sobre mastodon.gal, dicir que este xullo houbo 12 usuarias novas. Actualmente temos unhas 402 usuarias activas e sobre 20.513 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control a día de hoxe:

Resumo dos datos anteriores mostrados con respecto ao días

E aquí un gráfico resumo dos usuarios novos, se pinchades na imaxe podedes ver o gráfico interactivo.

Usuarios novos no mes de agosto de 2023

Tamén actualizamos o servidor de lemmy a version 0.18.4.


Con respeto ao padroado, este mes tivemos 12 persoas que contribuiron totalmente con27,16 € de doazóns (31,75 € menos impostos e comisións polos servizos). Temos 3 persoas doadoras por Liberapay e as restantes fanno polo noso Ko-fi. A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:

Doazóns por día no mes de agosto de 2023

Cantidade doada por día no mes de agosto de 2023


Agora, con respecto aos custes, istos son os desgloses do mes de agosto:

DigitalClouding (Plataforma de servizos):

  • Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,63 €
  • Cosumo extra (684,64GB a maiores): 12,68 €
  • Total (+ IVA): 20,94 €

SendInBlue:

  • Envío de mensaxes electrónicos: 22,99 €

Saudiños e ata a próxima.

 

Bo día xente! Aquí tedes o resumo no mes de xuño do fediverso.gal.


Sobre mastodon.gal, dicir que este xullo houbo 37 usuarias novas. Actualmente temos unhas 434 usuarias activas e sobre 29.200 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control a día de hoxe:

Resumo dos datos anteriores mostrados con respecto ao días

E aquí un gráfico resumo dos usuarios novos, se pinchades na imaxe podedes ver o gráfico interactivo.

Usuarios novos no mes de xullo de 2023

Tamén actualizamos o servidor de mastodon da versión 4.1.4 a 4.1.6.


Con respeto ao padroado, este mes tivemos 11 persoas que contribuiron totalmente con 13,46 € de doazóns (22,11 € menos impostos e comisións polos servizos). Temos 3 persoas doadoras por Liberapay e as restantes fanno polo noso Ko-fi. A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:

Doazóns por día no mes de xullo de 2023

Cantidade doada por día no mes de xuño de 2023


Agora, con respecto aos custes, istos son os desgloses do mes de xuño:

DigitalClouding (Plataforma de servizos):

  • Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,55 €
  • Cosumo extra (537.23 GB a maiores): 11,80 €
  • Total (+ IVA): 17,85 €

SendInBlue:

  • Envío de mensaxes electrónicos: 22,99 €

Con respeto a temas moderación, @LucyCoella@mastodon.gal fixo un magnífico traballo engadindo as listas de instancias basura despois das ondas de mensaxes basura que sufrimos, sobre todo, en mastodon.gal .

Saudiños e ata a próxima.

 

Bo día xente! Aquí tedes o resumo no mes de xuño do fediverso.gal.


Sobre mastodon.gal, dicir que este abril houbo 8 usuarias novas. Actualmente temos unhas 454 usuarias activas e sobre 18.000 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control a día de hoxe (están tamen os datos de xullo):

Resumo dos datos anteriores mostrados con respecto ao días


Con respeto ao padroado, este mes tivemos 11 persoas que contribuiron totalmente con 19,00 € de doazóns (24,90 € menos impostos e comisións polos servizos). Temos 2 persoas doadoras por Liberapay e as restantes fanno polo noso Ko-fi. A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:

Doazóns por día no mes de xuño de 2023: unha o día 1, catro o día 10, dous o día 11, un o día 12, un o día 13, un o día 21 e un o día 24

Cantidade doada por día no mes de xuño de 2023: 1€ o día 1, 5€ o día 10, 2,67€ o día 11, 1€ o día 12, 8€ o día 13, 6,23€ o día 21 e 1€ o día 24


Agora, con respecto aos custes, istos son os desgloses do mes de xuño:

DigitalClouding (Plataforma de servizos):

  • Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,59 €
  • Cosumo extra (366,63 GB a maiores): 6,73 €
  • Total (+ IVA): 13,71 €

SendInBlue:

  • Envío de mensaxes electrónicos: 22,99 €

Con respeto a temas moderación:

  • Suspendeuse a conta soyjaimebarreales da instancia masto.es por publicar contido que incumpre as nosas normas.
  • Creouse unha enquisa para saber que medidas tomar de cara a futura rede de Meta. Tedes más info en @moderacion@mastodon.gal

Saudiños e ata a próxima.

 

Boas xente!

Acabei de migrar os foros as máquinas de Dinahosting, polo que nos próximos días actualizarei cousiñas do rexistro e do legal. Perdoade, que despois das dificultades técnicas, reinstalar backups e demais, creo que xa estamos de novo. Agora as imaxes e as publicacións deberian ir ben. Calquera cousa comentarme por mastodon.

Tamén está actualizado Lemmy a 0.17.1, que xa temos cousiñas de idiomas e demais.

[–] nekerafa@foros.fediverso.gal 1 points 2 years ago

Si, xa que quero engadilo, pero xa que teño esta oportunidade, imos tirar disto

[–] nekerafa@foros.fediverso.gal 1 points 2 years ago* (last edited 2 years ago) (3 children)

Vale xente, actualización disto.

Co tema da publicidade, aceptaron teren un banner na páxina sobre mastodon.gal (mastodon.gal/about) e no lateral de lemmy da páxina principal de (foros.fediverso.gal), tamén indicar nas políticas de privacidade, e, cando teñamos o frontal de fediverso.gal, unha sección especial de padroadores.

O padroado vai ser dun ano (ao rematar o ano volverán poñerse en contacto para ver se podemos renovalo), tempo nos que estaremos usando os seus servizos integramente sen coste (menos o S3, que seguirá sendo xerido por DigitalClouding). O servidor vai ser duns 6GB de RAM, 60GB de espazo e so ten instalado unha distro de Linux sen software propio e demais, polo que podemos cacharrear nel e instalar o que nos goste.

Nos próximos días vou ir migrando servizos, conservando iso si as máquinas nos actuais por se temos que voltar de novo ou temos calquer problema. De momento imos facer o seguinte:

  1. Migración da BD de Lemmy a un PostgreSQL na máquina de Dinahosting
  2. Migración da BD de Mastodon a outro PostgreSQL na máquina de Dinahosting
  3. Migración de Lemmy a Dinahosting (rematando con isto a migración de foros.fediverso.gal)
  4. Migración de Mastodon a Dinahosting (rematando con isto a migración de mastodon.gal)
  5. Cando leve un tempo prudencial (unha quincena ou así), purgaremos as máquinas dos servidores actuais.

Non hai plazos porque non quero pillarme as más, pero o anuncio para que o saibades.

 

Boas xente!!

Fago esta publicación porque quería avisarvos de que estiven estudando a idea de poder ter un padroado con Dinahosting, que é unha das empresa galega de servizos de hosting web, que además penso que conta coa maior importancia aquí no noso país. Agora mesmo temos só comprados e rexistrados os dominios de mastodon.gal, fediverso.gal, writefreely.gal e pixelfed.gal, pero a idea final e ter movida tamén a estructura dos servizos canda eles a cambio de bonificacións nos seus precios e poder contar con servizo personalizado con Dinahosting. O control dos datos, a xestión da infraestructura e servizos seguirían pasando polas miñas mans, e todas as vosas aportacións en doazóns e axuda directa seguiríanse invertindo nestre proxecto, solo que puidendo abranguer máis servizos. Para min as aportacións son un diñeiro aparte que so sirve para invertir na compra dos dominios e mantemento dos servizos, polo que ainda que o xestione, quero que sexa sempre alleo a min. Agora mesmo de feito está nunha conta separada exclusiva para o fediverso.

Sei que o tema de empresas que compran instancias para teren un control do Internet federado está en voga, polo que creo que véxome na obriga de comunicarvos esta decisión para que podamos debatila xa que cada unhe terá a súa propia opinión. A miña idea principal é que os servizos dentro do fediverso.gal sexan nosos, da xente que forma a nosa comunidade. Non quero que ningún momento empresas e terceiros alleos a nos poidan ter acceso ao nosos datos ou mesmo deixar todo nas suas mans. É verdade que este último mes quería centrarme en seguir dando forma a esta iniciativa, pero entre traballo e, sobre todo, vida persoal, me foi imposible organizarme dunha mellor forma e este tema quedou un pouco apartado. Creo que co tema do padroado podería ser unha boa idea para teren xa o resto de servizos montados, e ainda así seguir tendo a nosa independencia das grandes empresas.

Qué pensades? Ter padroados externos cambiaría a vosa opinión de neutralidade da rede ou o vedes como unha oportunidade para que o servizo poida continuar máis tempo?

Lereivos! Biquiños a todes!

[–] nekerafa@foros.fediverso.gal 1 points 2 years ago

Anótoo, porque non é unha cousa que teña, pero que podo sacalo da API

 

[Guía] Como consultar foros.fediverso.gal dende mastodon.gal


foros.fediverso.gal usan como software Lemmy, que é un agregador de ligazóns e comunidade de software libre. Un dos seus puntos bos é que usa o protocolo ActivityPub, que é un dos protocolos de interconexión de redes sociais no fediverso, polo que en principio, podemos consultar estes foros dende a nosa instancia de mastodon, mastodon.gal. É por iso que nesta publicación quero deixar un resumo de como podemos facer isto.


Comunidades

As comunidades en Lemmy son coma foros individuais onde se fala dunha temática ou dun debate concretos, como pode ser esta !mastodon@foros.fediverso.gal, ou !main@foros.fediverso.gal, !moderacion@foros.fediverso.gal, etc...

Consultar comunidades

Cando se crea unha destas comunidades, aparecerá no fediverso como unha conta da instancia. É por iso que dende mastodon poderemos acceder a @mastodon@foros.fediverso.gal, @main@foros.fediverso.gal, @moderacion@foros.fediverso.gal, etc... Calquera publicación nestas comunidades verase como un toot promovido na liña de tempo desde usuario.

Publicar nunha comunidade

Para poder publicar nunha comunidade tes que ter unha conta nunha instancia de Lemmy (por exemplo, no noso caso en foros.fediverso.gal).


Usuarias

As usuarias de Lemmy son coma as usuarias de mastodon: teñen un nome reservado e pódense personalizar, como pode ser o meu @nekerafa@foros.fediverso.gal.

Consultar usuarias

Para consultar as mensaxes publicadas por unha usuaria dende mastodon, so temos que facer a búsqueda como se fora otra instancia aparte (@nekerafa@foros.fediverso.gal). Independientemente de onde publique a usuaria, vainos sair un resumo do seu mensaxe Post da usuaria @nekerafa de exemplo.

Respostar as usuarias

Como Lemmy implementa o protocolo ActivityPub, que tamén usa mastodon, podemos repostar as publicacións das usuarias directamente dende mastodon. As usuarias de Lemmy poderan ver os post das mensaxes de mastodon (https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/2) da mesma maneira que en mastodon poderemos ver as mensaxes de Lemmy (https://mastodon.gal/@nekerafa/109440370401762934).

E listo, con isto temos de sobra para poder manexarnos polas dúas redes sen perdernos. Saúdos!!

1
submitted 2 years ago* (last edited 2 years ago) by nekerafa@foros.fediverso.gal to c/xestion@foros.fediverso.gal
 

Boas a todes. Quero estrear estos foros facendo un pouco de transparencia e indicandovos (sobre todo para as persoas que contribuiron) o que nos chegou de doazóns, información da infraestructura e certos temas de moderación:


Con respeto ao padroado, este mes tivemos 26 persoas que contribuiron totalmente con 209,37 € de doazóns (223,99 € menos impostos e comisións polos servizos). A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:

Doazóns por día no mes de novembro de 2022: día 10, 4, día 11, 11, día 12, 3, día 14, 1, día 15, 1, día 16, 2, día 18, 2, día 19, 1, día 21, 1, día 23, 1, día 24, 1, día 25, 1

Cantidade doada por día no mes de novembro de 2022: día 10, 48 €, día 11, 39 €, día 12, 3 €, día 14, 8 €, día 15, 10 €, día 16, 12,99€, día 18, 70€, día 19, 20€, día 21, 1 €, día 23, 1 €, día 24, 1 €, día 25, 10 €

NOTA: non se inclue dende o 1 ao 10 de novembro porque o Ko-Fi abriuno o día 10.


Agora, con respecto aos custes, entre migracións e cambo de CPU, aumentou un pouco, istos son os desgloses:

DigitalClouding (Plataforma de servizos):

  • Servidores: 25,76 €
  • Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,76 €
  • Backups: 5,15 €
  • Total (+ IVA): 44,29 €

SendInBlue:

  • Envío de mensaxes electrónicos: 22,99 €

NOTA: non incluo servizos de clouding.io e dominio porque neste mes non se pagou nada diso


Con respeto a temas moderación:

  • Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia novoa.nagoya porque o seu adminstrador ten ideas lgtbfobas.
  • Suspendeuse a conta wallstwolverine da instancia mastodon.la dende dentro do dominio mastodon.gal por publicar contido automático do usuario de Twitter wallstwolverine, o cal incumple as nosas normas.
  • Suspendeuse a conta SocraticEthics da instancia mastodon.online dende dentro do dominio mastodon.gal por publicar contido a páxinas que incumpren as nosas normas.
  • Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia soapbox.midwaytrades.com porque presenta contido xenófobo e de extrema dereita
  • Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia mastodon.cf porque o seu administrador en ideas lgtbfobas e perigosas (antivacina, de extrema dereita, etc.)

Saúdos e ata a próxima!!