this post was submitted on 01 Dec 2022
1 points (100.0% liked)

Xestión e padroado

2 readers
1 users here now

Nesta comunidade engadiremos información sobre xestión da infraestructura, padroado, problemas e axuda e demais.

founded 2 years ago
MODERATORS
 

Boas a todes. Quero estrear estos foros facendo un pouco de transparencia e indicandovos (sobre todo para as persoas que contribuiron) o que nos chegou de doazóns, información da infraestructura e certos temas de moderación:


Con respeto ao padroado, este mes tivemos 26 persoas que contribuiron totalmente con 209,37 € de doazóns (223,99 € menos impostos e comisións polos servizos). A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:

Doazóns por día no mes de novembro de 2022: día 10, 4, día 11, 11, día 12, 3, día 14, 1, día 15, 1, día 16, 2, día 18, 2, día 19, 1, día 21, 1, día 23, 1, día 24, 1, día 25, 1

Cantidade doada por día no mes de novembro de 2022: día 10, 48 €, día 11, 39 €, día 12, 3 €, día 14, 8 €, día 15, 10 €, día 16, 12,99€, día 18, 70€, día 19, 20€, día 21, 1 €, día 23, 1 €, día 24, 1 €, día 25, 10 €

NOTA: non se inclue dende o 1 ao 10 de novembro porque o Ko-Fi abriuno o día 10.


Agora, con respecto aos custes, entre migracións e cambo de CPU, aumentou un pouco, istos son os desgloses:

DigitalClouding (Plataforma de servizos):

  • Servidores: 25,76 €
  • Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,76 €
  • Backups: 5,15 €
  • Total (+ IVA): 44,29 €

SendInBlue:

  • Envío de mensaxes electrónicos: 22,99 €

NOTA: non incluo servizos de clouding.io e dominio porque neste mes non se pagou nada diso


Con respeto a temas moderación:

  • Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia novoa.nagoya porque o seu adminstrador ten ideas lgtbfobas.
  • Suspendeuse a conta wallstwolverine da instancia mastodon.la dende dentro do dominio mastodon.gal por publicar contido automático do usuario de Twitter wallstwolverine, o cal incumple as nosas normas.
  • Suspendeuse a conta SocraticEthics da instancia mastodon.online dende dentro do dominio mastodon.gal por publicar contido a páxinas que incumpren as nosas normas.
  • Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia soapbox.midwaytrades.com porque presenta contido xenófobo e de extrema dereita
  • Suspendeuse a federación de mastodon.gal coa instancia mastodon.cf porque o seu administrador en ideas lgtbfobas e perigosas (antivacina, de extrema dereita, etc.)

Saúdos e ata a próxima!!

all 14 comments
sorted by: hot top controversial new old
[–] dinisinho@mastodon.gal 1 points 2 years ago

@nekerafa agradécese a transparencia! E agradécese o choio!

[–] hugo@foros.fediverso.gal 1 points 2 years ago (1 children)

¿Poderiamos ver algunha gráfica da evolución do número dos usuarios activos? Teño curiosidade por ver o pico e se a xente aguantou ou marchou.

[–] nekerafa@foros.fediverso.gal 1 points 2 years ago

Anótoo, porque non é unha cousa que teña, pero que podo sacalo da API

[–] nekerafa@mastodon.gal 0 points 2 years ago* (last edited 2 years ago) (1 children)

@nekerafa@foros.fediverso.gal Probando se un toot de mastodon aparece na liña dos foros :3

Editado: A maxia da federación, xente!! https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/2

[–] fedello@mastodon.gal 0 points 2 years ago (1 children)
[–] nekerafa@mastodon.gal 0 points 2 years ago (1 children)
[–] fedello@mastodon.gal 0 points 2 years ago (1 children)

@nekerafa @nekerafa@foros.fediverso.gal tal cual!! E para navegar polo foro co usuario de mastodon, pódese iniciar sesión ou como vai? Porque o final dende mastodon tamapouco podes ver os topics se non os cruzas por algunha timeline, non?

[–] nekerafa@mastodon.gal 0 points 2 years ago (1 children)

@fedello @nekerafa@foros.fediverso.gal Non, non se pode navegar usando o usuario de mastodon no lemmy. Date conta que son bases de datos distintas, e, ao final, servizos. O único que une as instancias e si respostas a unha mensaxe doutro usuario da instancia ou se segues dende mastodon as comunidades ou usuarias de lemmy.

[–] fedello@mastodon.gal 0 points 2 years ago (1 children)

@nekerafa Aahmigho, bueno, está ben, só teño que seguir o teu clon lo @nekerafa@foros.fediverso.gal

[–] nekerafa@mastodon.gal 0 points 2 years ago (1 children)
[–] fedello@mastodon.gal 0 points 2 years ago (1 children)

@nekerafa @nekerafa@foros.fediverso.gal @Fedello@foros.fediverso.gal molaría poder iniciar un tema no foro dende Mastodon directamente hahaha

[–] nekerafa@mastodon.gal 0 points 2 years ago (1 children)

@fedello @nekerafa@foros.fediverso.gal @Fedello@foros.fediverso.gal Pois si, supoño que nalgún momento se poderá facer, no github de Lemmy podemos por todas as propostas que queiramos hahaha.

Por certo, vaia conversa estamos a xerar no post que non ven a conto: https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/11