this post was submitted on 24 Dec 2022
1 points (100.0% liked)

Xestión e padroado

2 readers
1 users here now

Nesta comunidade engadiremos información sobre xestión da infraestructura, padroado, problemas e axuda e demais.

founded 2 years ago
MODERATORS
 

Boas xente!!

Fago esta publicación porque quería avisarvos de que estiven estudando a idea de poder ter un padroado con Dinahosting, que é unha das empresa galega de servizos de hosting web, que además penso que conta coa maior importancia aquí no noso país. Agora mesmo temos só comprados e rexistrados os dominios de mastodon.gal, fediverso.gal, writefreely.gal e pixelfed.gal, pero a idea final e ter movida tamén a estructura dos servizos canda eles a cambio de bonificacións nos seus precios e poder contar con servizo personalizado con Dinahosting. O control dos datos, a xestión da infraestructura e servizos seguirían pasando polas miñas mans, e todas as vosas aportacións en doazóns e axuda directa seguiríanse invertindo nestre proxecto, solo que puidendo abranguer máis servizos. Para min as aportacións son un diñeiro aparte que so sirve para invertir na compra dos dominios e mantemento dos servizos, polo que ainda que o xestione, quero que sexa sempre alleo a min. Agora mesmo de feito está nunha conta separada exclusiva para o fediverso.

Sei que o tema de empresas que compran instancias para teren un control do Internet federado está en voga, polo que creo que véxome na obriga de comunicarvos esta decisión para que podamos debatila xa que cada unhe terá a súa propia opinión. A miña idea principal é que os servizos dentro do fediverso.gal sexan nosos, da xente que forma a nosa comunidade. Non quero que ningún momento empresas e terceiros alleos a nos poidan ter acceso ao nosos datos ou mesmo deixar todo nas suas mans. É verdade que este último mes quería centrarme en seguir dando forma a esta iniciativa, pero entre traballo e, sobre todo, vida persoal, me foi imposible organizarme dunha mellor forma e este tema quedou un pouco apartado. Creo que co tema do padroado podería ser unha boa idea para teren xa o resto de servizos montados, e ainda así seguir tendo a nosa independencia das grandes empresas.

Qué pensades? Ter padroados externos cambiaría a vosa opinión de neutralidade da rede ou o vedes como unha oportunidade para que o servizo poida continuar máis tempo?

Lereivos! Biquiños a todes!

you are viewing a single comment's thread
view the rest of the comments
[–] hugo@foros.fediverso.gal 1 points 2 years ago

Ola, A min paréceme ben. É máis: vexo totalmente necesario ter a alguén "grande" detrás porque agora todo son risas pero de aquí a un ano, ou dous, moitas instancias pequenas coma a nosa terán problemas de soporte, actualizacións, etc o que sexa e os admins estaredes máis quemados, menos tempo, etc... É algo que se leva falando dende hai un tempo en debates sobre o futuro de Mastodon e qué pasará coas pequenas instancias. Oxalá se poda facer o padroado e non se me ocurre ninguén mellor que Dinahosting.