Boas xente!!
Fago esta publicación porque quería avisarvos de que estiven estudando a idea de poder ter un padroado con Dinahosting, que é unha das empresa galega de servizos de hosting web, que además penso que conta coa maior importancia aquí no noso país. Agora mesmo temos só comprados e rexistrados os dominios de mastodon.gal, fediverso.gal, writefreely.gal e pixelfed.gal, pero a idea final e ter movida tamén a estructura dos servizos canda eles a cambio de bonificacións nos seus precios e poder contar con servizo personalizado con Dinahosting. O control dos datos, a xestión da infraestructura e servizos seguirían pasando polas miñas mans, e todas as vosas aportacións en doazóns e axuda directa seguiríanse invertindo nestre proxecto, solo que puidendo abranguer máis servizos. Para min as aportacións son un diñeiro aparte que so sirve para invertir na compra dos dominios e mantemento dos servizos, polo que ainda que o xestione, quero que sexa sempre alleo a min. Agora mesmo de feito está nunha conta separada exclusiva para o fediverso.
Sei que o tema de empresas que compran instancias para teren un control do Internet federado está en voga, polo que creo que véxome na obriga de comunicarvos esta decisión para que podamos debatila xa que cada unhe terá a súa propia opinión. A miña idea principal é que os servizos dentro do fediverso.gal sexan nosos, da xente que forma a nosa comunidade. Non quero que ningún momento empresas e terceiros alleos a nos poidan ter acceso ao nosos datos ou mesmo deixar todo nas suas mans. É verdade que este último mes quería centrarme en seguir dando forma a esta iniciativa, pero entre traballo e, sobre todo, vida persoal, me foi imposible organizarme dunha mellor forma e este tema quedou un pouco apartado. Creo que co tema do padroado podería ser unha boa idea para teren xa o resto de servizos montados, e ainda así seguir tendo a nosa independencia das grandes empresas.
Qué pensades? Ter padroados externos cambiaría a vosa opinión de neutralidade da rede ou o vedes como unha oportunidade para que o servizo poida continuar máis tempo?
Lereivos! Biquiños a todes!
Boa tarde.
Entendo que na atualidade já estás a usar serviços de hospedagem geridos por empresas. Não estás a hospedar os serviços no teu hardware. Então aí não haveria mais que uma mudança de empresa que interessaria por oferecer alguma vantagem.
Entendo que na oferta de patrocínio dalguma maneira querem ter publicidade nas instâncias. Deixam claro o que querem fazer?
Poderia ser Dinahosting ou talvez outra empresa. Eu, a verdade, não tenho conhecimento suficientemente profundo de como se move este mundo, mas sei que haveria outras alternativas com infraestrutura local e que ofereçam emprego de qualidade.
Talvez caia alguma proposta mais por aqui.
Saúdos.
@pcgaldo @nekerafa@foros.fediverso.gal pois polo tema da publicidade, a xente de Dinahosting deixannos a nos o control. Eu estaba a pensar en poner un banner pequeno de patrocinio no texto da páxina de https://mastodon.gal/about e no texto da de privacidade, penso que son as menos invasivas para nós. Faltaría ver qué proposta nos fan sobre prezos e máquinas que poden darnos.
Pola miña parte non vexo maior problema a ter patrocinios sempre e cando o que anuncian sexa respetuoso (por exemplo non vería ben casas de apostas, bebidas alcohólicas ou marcas de tabaco). No fondo é coma os clubs deportivos, para sobrevivir necesitas aportacións dos socios e/ou patrocinio. Nesta liña Dinahosting (ou calquera outra empresa de hosting) ten sentido xa que é unha forma de promocionar os seus productos, o tempo que nin é invasiva nin nos imprica perder ou ceder a máis mínima parte do control da instancia.